Vilameá prepárase para tres días de festa na honra da Virxe das Neves e San Roque

AMariñaXa
Haberá churrascada popular, música de orquestra e sesións vermú entre o 8 e o 10 de agosto
Pontenova-festas-Vilamea-2025--cartel-cortado
Escola de música
28 Jul 2025

A parroquia de Vilameá, no concello da Pontenova, vivirá entre o venres 8 e o domingo 10 de agosto unhas festas patronais que combinan tradición e animación musical para todos os públicos. A comisión organizadora deseñou un programa que arrincará o venres coa xa clásica gran churrascada, e continuará durante a fin de semana con misas, procesións e sesións vermú amenizadas por diferentes grupos.

O venres 8, a partir das 22:00 horas, o aroma do churrasco inundará as rúas coa celebración da gran churrascada popular. Por 20 euros no caso dos adultos e 12 euros para os nenos e nenas de 3 a 12 anos, as persoas asistentes poderán degustar empanada, churrasco, chourizo, sobremesa, bebida e café. Os tíckets están xa á venda en diferentes establecementos locais, como a Sidrería A Mina, a Librería Eugenia ou a Panadería Millán, así como a través dos membros da comisión organizadora. O prazo para adquirilos remata o mércores 6 de agosto.

Despois da cea, a festa prolongarase coa actuación da orquestra D’Noche e o DJ Bombardero, que garantirán a animación ata altas horas da madrugada.

O sábado 9 de agosto terá lugar a misa solemne e a tradicional procesión a partir das 13:30 horas. A continuación, o Grupo JB Son ofrecerá unha sesión vermú que dará paso, pola noite, a unha gran verbena co mesmo grupo e co DJ Bombardero.

Por último, o domingo 10 será o día de despedida destas festas patronais, cunha nova misa e procesión ao mediodía, seguida da sesión vermú a cargo do Dúo Zafiro, que porá o broche final á celebración.

⚙ Configurar cookies
0.28973507881165