Vilamartín Pequeno celebra as Festas na honra a San Xoán Degolado

Foz
AMariñaXa
Ademais de verbena e da churrascada de balde para todos, organizan a terceira edición da Festa do Requesón
vilamartin_pequeno
10 Xuño 2024

Vilamartín Pequeno celebra as Festas na honra a San Xoán Degolado. Ademais de verbena e da churrascada de balde para todos, organizan a terceira edición da Festa do Requesón. O programa comeza o venres 14 de xuño coa verbena da man de Gran Parada e Cinema.

O sábado haberá misa solemne, procesión e sesión vermú co grupo Lume. A partir das 15.00 horas terá lugar a terceira edición da Festa do Requesón e xantar popular no campo da festa. Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, terá lugar unha churrascada gratuíta e logo gran verbena con Lume e Nostalgias.

festas_vilamartin_pequeno
0.17391300201416