Vilaboa prepárase para celebrar o Corpus cunha gran festa popular

AMariñaXa
O 10 de maio haberá misa, xantar colectivo e música en directo con Verónica Cambón
fogos-artificiais-festas-patronais
21 Apr 2025

A parroquia de Vilaboa, no concello de Cervo, xa ten todo listo para a celebración da tradicional Festa do Corpus, que terá lugar o sábado 10 de maio. A xornada combinará actos relixiosos coa convivencia veciñal e un ambiente festivo.

Os actos darán comezo coa misa solemne ás 13:00 horas, tras a cal se celebrará unha comida popular ás 15:30. Os tíckets teñen un custo de 25 euros para adultos e 16 euros para nenos/as, e poden adquirirse ata o 7 de maio no Mesón Balbina, Casa Valiña e Casa Ferreira, todos eles locais da propia parroquia.

A música tamén terá un papel protagonista. Durante o vermú e pola tarde, a artista Verónica Cambón será a encargada de poñer a nota musical coa súa actuación en directo.

Desde a organización fan un chamamento á participación: “Esperámosvos para compartir unha xornada de festa, tradición e alegría en Vilaboa”.

⚙ Configurar cookies
0.14912009239197