Víctor González será o candidato socialista á Alcaldía de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
Víctor González Leivas é o candidato socialista para acadar a Alcaldía de Riotorto. Tamén se aprobou a lista electoral, totalmente renovada.
victor gonzalez leivas candidato psoe riotorto
28 Mar 2023

Víctor González Leivas é o candidato socialista para acadar a Alcaldía de Riotorto. Así o decidiu a Agrupación Socialista de Riotorto nunha xuntanza, na que tamén se aprobou a lista electoral, totalmente renovada, de cara ás vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.

O secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca, destacou a “experiencia, compromiso e traxectoria en defensa dos veciños” do candidato, que foi Concelleiro socialista durante 16 anos, e agradeceu o “traballo incansable e a implicación que demostrou José García Freije durante todos estes anos”, tanto no Goberno como na oposición.

Xunto á súa bagaxe como edil da Corporación na primeira época democrática, José Tomé subliñou que Víctor González “é un bo coñecedor das necesidades de Riotorto”, xa que foi un empresario recoñecido no sector forestal. Polo tanto, “conta co coñecemento, rigor e solvencia necesarios para gobernar o seu pobo, escoitar ós seus veciños e atender as súas necesidades”.

O candidato socialista remarcou precisamente que, si se presenta á Alcaldía, “é para poñer o Concello de Riotorto ao servicio da veciñanza, e non para ser unha cadea de favores para manterse no poder político”. “Non nos poden vender como un favor algo que é un dereito, como fai o PP de Riotorto”, incidiu.

González Leivas comprometeuse a traballar “para dinamizar o concello, impulsar o polígono industrial, reactivar o pequeno comercio, fomentar o turismo, axudar aos autónomos e aos pequenos produtores agrícolas e mellorar o sector forestal”. “En definitiva, quero un concello no que os cidadáns sexan os protagonistas da vida política de Riotorto, sen favoritismos. Traballando todos xuntos”, resumiu.

Participou activamente nos inicios da democracia

Víctor González Leivas (O Caboxo - San Pedro de Riotorto, 1947) participou activamente na vida política da localidade nos inicios da democracia, sendo Concelleiro polo Partido Socialista durante catro mandatos. É militante histórico da provincia de Lugo, e traballou como empresario do sector forestal na empresa familiar Hermanos González, onde chegou a ter 60 empregados.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17105007171631