VIA Alfoz propón que o diñeiro das festas sexa para o tecido empresarial

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz celebrou o Pleno no que o voceiro de VIA Alfoz interesouse polas subvencións reservadas para as comisións de festas, as cales non se poderán celebrar.
1 Aug 2020

O Concello de Alfoz celebrou o Pleno no que o voceiro de VIA Alfoz interesouse polas subvencións reservadas para as comisións de festas, as cales non se poderán celebrar.

Así, Xabier Pardiñas, portavoz do grupo municipal, pediu que se puidera investir ese diñeiro en axudas para os autónomos e ao tecido empresarial da vila. O alcalde, Jorge Val, respondeu que "é necesario que haxe un remanente para os posibles imprevistos".

Outro dos temas a tratar foi a limpeza das zonas comúns e as áreas recreativas, no que Pardiñas dixo que "aínda comezaron esta semana, coincidindo coa nosa queixa nas redes sociais. Ademais de que aínda seguen pechados os parques públicos".

En contestación a este tema o alcalde dixo que "están pechados por non ter capacidade para cumprir a normativa e desinfección despois de cada uso".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13836216926575