VIA Alfoz informou das negociacións do pasado proceso electoral pola "gran cantidade de preguntas e dúbidas da veciñanza"
O grupo municipal VIA Alfoz vén de informar das negociacións deste pasado proceso electoral pola "gran cantidade de preguntas e dúbidas que nos están facendo chegar, engadidas á información sesgada que moita xente parece estar a recibir".
A primeira consideración é que "os resultados do 28-M deixaron 3 edís para cada grupo, polo cal houbo que mirar o número de votos para determinar a orde de representación. Non se pode ignorar que VIA resultou ser a segunda forza máis votada, do mesmo xeito que non se pode ignorar que o PSOE foi a primeira e o PP a terceira", din os alfocegos.
O segundo punto é a actitude de VIA de cara ás negociacións, "que tratou de ser aberta desde o principio e decidiuse falar cos outros dous grupos en igualdade de condicións, é dicir, non se esixiu máis a unha parte que á outra en ninguna negociación".
Por último, establecéronse uns requisitos moi mínimos de cara ás negociacións, os cales foron obtidos en consenso interno polo partido e algún incluso xa antes do proceso electoral, "sendo una parte fundamental das nosas promesas electorais".
Primeiramente, VIA só vai apoiar á súa candidata para a Alcaldía, "o cal foi unha das nosas promesas electorais" e n segundo lugar, "só vai haber unha dedicación, seguindo a traxectoria actual das dúas últimas lexislaturas, e que neste caso será para a alcaldesa por motivos laborais".
Por último, independentemente do reparto de delegacións e firmas, deberase facer un reparto equitativo das asignacións dos presupostos e chegar a consenso para adxudicar obras e gastos, por ambas partes.
"O PSOE aceptou as nosas condicións, aínda que presentou algún desacordo. Sen embargo, mostrouse flexible e colaborador na negociación e, froito diso, houbo varias reunións nas que se foron tratando diferentes puntos e avanzando progresivamente. Finalmente, conseguíuse ir achegando posicións ata acadar un acordo que se formalizou en pacto de goberno. Dende VIA percibimos unha actitude conciliadora que aumentou a medida que avanzaba a negociación, no que entendemos que foi un proceso positivo", din.
"O PP non aceptou estas condicións xa dende a primeira reunión e mostrouse férreo á hora de presentarnos como única posibilidade un goberno de alternancia na Alcaldía, a pesares de que deixamos cristalino que baixo ningún concepto incumpliríamos a nosa promesa electoral. Ademais, houbo varias comunicacións a través do WhatsApp, publicacións no Facebook e propostas feitas a alguna persoa concreta, pero sen querer convocar reunión ou sen tempo material para debatilas internamente. Estes movementos, ademáis de facer propostas sempre máis esixentes cas do PSOE, foron pouco respetuosos para o resto da nosa corporación, xa que nós propuxemos sempre reunións con varios membros de ambas partes, organizadas e con tempo para debatir internamente as propostas", engaden.
Todos estes feitos paralelos, decantaron doadamente no actual pacto co PSOE, que se formalizou coas atribucións de Efigenia Maseda Paz (VIA) como alcaldesa e na Concellería de Réxime Interior, Servicios Sociais e Turismo; Jorge Val Díaz (PSOE). 1º Teniente de Alcalde. Delegación da Concellería de Servizos e Infraestructuras; Eliseo Lorenzo García (VIA). 2º Teniente de Alcalde. Delegación da Concellería de Educación, Igualdade e Participación; Ana Aránzazu Incera Ares (PSOE). 3º Teniente de Alcalde. Delegación da Cultura; Judit Casabella Pardeiro (VIA). Delegación da Concellería de Desenvolvemento Local e Cándido Paleo Rejes (PSOE). Delegación da Concellería de Medio Ambiente.
O decreto no que se establecen estas atribucións, xa en vigor dende o día 30 de xuño, presentarase ao Pleno de Constitución que se vai celebrar este xoves 13 de xullo ás 14.00 horas. Nesta sesión tamén se vai levar a proposta de cambiar os horarios para os vindeiros plenos e que en diante pasen a celebrarse ás 19.00 horas, coa finalidade de facilitar a asistencia do público que así o desexe.