Vestas só ofrece a recolocación de dez postos de traballo

AMariñaXa
A segunda xuntanza da mesa industrial de Vestas para buscar solucións que garantan a continuidade do emprego na factoría de Viveiro
vestas 13 10 2021 mesa industrial
14 Out 2021

A segunda xuntanza da mesa industrial de Vestas para buscar solucións que garantan a continuidade do emprego na factoría de Viveiro celebrouse onte en Santiago de Compostela coa asistencia por parte da Xunta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Asistiron tamén á reuniónrepresentantes do Goberno central, da empresa, do comité de empresa e dos sindicatos. 

Nesta mesa industrial, a factoría danesa ofrece unha recolocación de como máximo 10 postos de traballo "que sería en todo caso dentro doutro sector, en este caso servicios. Iso e todo o que son capaces de aportar a unha mesa industrial que hoxe, ante falta de propostas, comezaba co compromiso por parte da Xunta e o Goberno central de investir a traves de distintas liñas de crédito para lograr manter o 100% dos postos de traballo", din dende o comité de empresa.

Vestas informa que non quere presentar ningún proxecto de producción e que "non ten capacidade para ofrecer ese proxecto a unha planta de 115 traballadores". "Unha empresa de 23.000 empregados di non ter capacidade para producción en unha fábrica de 115 persoas. O que sigue mantendo e a posiblidade de venta a un terceiro pero nin sequera parece interesado en encontrar ese comprador", engaden dende o comité.

A Xunta pola súa parte comprometeuse a levar a cabo “unha busca activa” de compradores que queiran adquirir a factoría de Viveiro, en aras de manter a actividade económica e o emprego desta compañía, unha alternativa para a que agarda contar coa participación do Executivo central. O Goberno galego propuxo esta alternativa para evitar o peche definitivo da fábrica, despois de que a empresa rexeitara as axudas económicas que a propia Xunta como o Estado ofreceron , ben a través de préstamos con carencia de interese “moi baixo” ou por medio de axudas a fondo perdido para apoiar a transformación industrial da fábrica co único obxectivo de manter a produción e os postos de traballo.

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana -que acudiu á reunión acompañada polo director do Igape, Fernando Guldrís, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias- lamentou que a empresa se negara a optar a estas axudas destacando que  “non teñen intención de levar a cabo ningún plan de reindustralización na factoría”. Neste senso, Lorenzana explicou que a empresa ofreceuse a traballar “soamente” no seo da mesa laboral, nun plan de mantemento de parte da actividade que se centraría no ámbito da formación e dos servizos. 

Con respecto á busca de posibles compradores, a empresa comprometeuse, entre hoxe e mañá, a trasladarlle á Xunta a información que lle solicite para poder facer un estudo. “Traballaremos todo o axiña posible para a busca dun comprador, xa que os prazos do ERE son moi axustados porque o 28 de outubro remata o prazo de tramitación”, subliñou a conselleira. Antes de que remate este prazo, a Xunta convocará outra reunión da mesa industrial. 

vestas manifestacion 13 10 2021 santiago
0.22959399223328