Verónica Cambón estará no Son do nordeste de Cervo

AMariñaXa
Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa O son do nordeste, que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.
o son do nordeste cervo
22 Out 2021

Para este sábado o nordeste sopra na praza do Souto de Cervo ao son de Verónica Cambón, finalista dos Recantos do Luar no 2017.

Este ciclo musical, xa inaugurado a primeiros de outubro co concerto de The Show Bass, continuará  este sábado 23 ás 21.00 horas.

O programa O son do nordeste, encher a vila de música diversa de aquí a final do ano con concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro. 

cervo veronica cambon
0.093957901000977