Verónica Cambón estará na xornada da Caixa de Música de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo segue o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo 22 na Praza do Souto de Cervo
veronica cambon
21 Maio 2022

O Concello de Cervo segue o ciclo de concertos A Caixa de Música este domingo 22 de maio na Praza do Souto de Cervo. A actuación, que correrá a cargo da cantante Verónica Cambón e terá lugar ás 13.30 horas.

O ciclo de concertos A Caixa de Música pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna.

O programa vai dirixido a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.

0.13992309570312