Verbenas, sardiñada e foliada popular: Covas, en Viveiro, presenta o programa para o San Xoán

AMariñaXa
A celebración comeza o día 22 cunha gran foliada popular a partir das 20.00 horas no campo da festa, mentres que o domingo haberá sesión vermú coa orquestra Trébol
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto de arquivo
1 Xuño 2024

Covas, en Viveiro, presenta o programa para as festas na honra a San Xoán Bautista que terá lugar do 22 ao 26 de xuño. A celebración comeza o día 22 cunha gran foliada popular a partir das 20.00 horas no campo da festa. O domingo haberá sesión vermú coa orquestra Trébol que tamén estará na verbena acompañada polo grupo Zona Zero.

A partir das 00.00 a veciñanza poderá gozar dunha gran lumeirada. O luns haberá pasacalles con Cacharela de Covas, misa solemne, procesión coa Banda da Misericordia e sesión vermú con Salsarena, que amenizará a noite xunto coa orquestra Marbella.

O martes haberá pasacalles con Non cho digo e Cacharela de Covas e sesión vermú con Costa Dorada, que actuará de novo pola noite. A partir das 20.00 horas poderase gozar dunha gran sardiñada no campo da pascua. O mércores 26 é o día do neno, no que haberá atraccións no campo da festa a prezos populares.

festas_covas_viveiro
0.17370700836182