Ven de presentarse unha nova edición da Feira de Artesanía Os Muíños de Mondoñedo

AMariñaXa
Ven de presentarse unha nova edición da Feira de Artesanía Os Muíños, en Mondoñedo que será o 29 de xullo de 2023
feira artesania muiños mondoñedo 2023
1 Xul 2023

Ven de presentarse unha nova edición da Feira de Artesanía Os Muíños, en Mondoñedo, que leva celebrándose dende o ano 2004. Á presentación asistiron a Concelleira de Turismo, Camiño Norte e Asociacionismo, María Patricia Otero Doural, xunto cos artesáns titulares dos obradoiros dos Muíños de cantería, olería e monicreques.

A presente edición celebrarse o vindeiro sábado día 29 de xullo do 2023 e contará con postos de artesanía por todo o barrio mindoniense dos Muíños que achegaran a riqueza artesanal de Galicia á cidade episcopal.

Dende a organización e o Concello de Mondoñedo, queren convidar a todo o mundo a que veña a pasar un día artesano en Mondoñedo.

0.19434189796448