Vegadeo súmase á conmemoración do 8M

AMariñaXa
Vegadeo súmase á conmemoración do 8M. Cun vídeo reportaxe de entrevistas a mulleres do Concello para visibilizaras
Vegadeo 8M 2022 1
8 Mar 2022

Neste ano 2022 o Concello de Vegadeo volve sumarse á conmemoración do Dia Internacional das Mulleres e con este motivo realizouse un vídeo reportaxe de entrevistas a mulleres do Concello, para recoñecer e visibilizar o seu labor en diferentes ámbitos que é unha mostra do traballo de tantas outras mulleres que contribuíron e contribúen diariamente ao desenvolvemento da nosa comarca e o avance colectivo cara a unha igualdade real.

A estrea será este venres, 11 de marzo, no auditorio Félix Menéndez da casa da cultura e nel participará tamén alumnado do IES Elisa y Luis Villamil. A entrada é libre e gratuíta.

0.12677693367004