Vegadeo súmase á conmemoración do 8M co proxecto 'As mulleres da miña vida'
A Concellería de Igualdade do Concello de Vegadeo convida a toda a comunidade a participar na marcha programada para o 8 de marzo en conmemoración do Día Internacional da Muller, e entre todos sumar pasos cara á igualdade real entre mulleres e homes.
Ademais, preparan As mulleres da miña vida, que é un proxecto expositivo e temporal, en torno ao 8 de marzo, sobre as mulleres que forman parte da nosa historia, que defenderon e defenden activamente os seus dereitos e os de todas as mulleres.
O que se pretende con esta exposición, é dar a coñecer e poñer en valor o papel de moitas mulleres relevantes da historia recente da nosa Comunidade, en diversos ámbitos (ciencia, educación, literatura…) empezando polos referentes persoais máis próximas para os nenos (nais, avoas, familiares, amizades…) e, a través, dun traballo de investigación, achegarnos a todas esas mulleres que dunha forma ou outra foron pioneiras na reivindicación dos dereitos da muller en Asturias, mulleres empoderadas e comprometidas que loitaron e loitan activamente pola igualdade.
Todo o traballo realizado polos nenos e nenas durante o mes de marzo será exposto nas instalacións de Mercasa para que poida ser visitado por todos veciños.