Vegadeo promove un taller de queixería e produtos lácteos para maiores de 60 anos

AMariñaXa
A iniciativa busca fomentar a tradición artesanal e poñer en valor os produtos locais a través de tres sesións formativas no mes de abril
obradoiro-elaboracion-queixo-cabreiros
5 Apr 2025

O Concello de Vegadeo organizará os días 9, 16 e 23 de abril de 2025 un Taller de Queixería e Produtos Lácteos dirixido a persoas maiores de 60 anos. A actividade terá lugar no local de Paramios en horario de tarde, de 16:30 a 18:30 horas, e contará cunha aprendizaxe práctica para descubrir os segredos da elaboración tradicional de derivados do leite.

O curso, impartido por Artesanamente, incluirá tres sesións diferenciadas, cada unha enfocada nunha elaboración distinta. Na primeira, os asistentes aprenderán a facer iogures, calladas e manteiga; na segunda, experimentarán co queixo curado con leite cru e a súa conservación en salmoira; e na terceira, afondarán no proceso para obter queixo fresco.

Desde a organización sinalan que as prazas son limitadas e que as persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 646 232 953. Ademais, ofrecerase un servizo de transporte para aqueles maiores de 65 anos que o precisen, facilitando así a súa participación na iniciativa.

O taller enmárcase dentro das accións promovidas polo programa "Cidades Amigables", en colaboración coa Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias e o Concello de Vegadeo. A proposta busca manter vivas as técnicas tradicionais e incentivar o consumo de produtos de proximidade, favorecendo así o desenvolvemento rural e a transmisión do coñecemento interxeracional.

⚙ Configurar cookies
0.14561200141907