Vegadeo promove o benestar emocional cun obradoiro de relaxación para adultos

AMariñaXa
A actividade comeza o 9 de maio e busca fomentar a serenidade e o equilibrio corpo-mente
Imaxe recurso de ioga
30 Apr 2025

O Concello de Vegadeo, a través do seu Plan de Promoción da Saúde, impulsa un obradoiro de relaxación emocional dirixido a persoas maiores de 20 anos, co obxectivo de mellorar a saúde mental e a calidade de vida da veciñanza. A iniciativa comezará o venres 9 de maio e desenvolverase ao longo de seis sesións, entre as 12:00 e as 13:30 horas, no local de Mercasa.

A actividade será guiada pola psicóloga e formadora Laura López Iglesias e abordará aspectos clave como o control do estrés, a busca da serenidade interior, o equilibrio entre corpo e mente e a promoción dunha vida máis relaxada.

As persoas interesadas deben realizar inscrición previa, e é obrigatorio levar esteira para poder participar. Para máis información ou para formalizar a inscrición, poden contactar co Plan de Promoción da Saúde do Concello de Vegadeo a través dos teléfonos 985 634 022 ou 697 163 640.

Esta acción conta co apoio do Principado de Asturias, a Consellería de Saúde, o Observatorio da Saúde, o Plan de Saúde de Asturias 2019–2030 e o Programa Municipal de Promoción da Saúde.

⚙ Configurar cookies
0.15826392173767