Vegadeo programa unha viaxe á Feira Internacional de Mostras de Asturias

AMariñaXa
A entrada é gratuíta para maiores de 65 anos e a comida corre a cargo de cada viaxeiro
vegadeo-vaca-silvallana-xato
Foto de arquivo
28 Xul 2024

O Concello de Vegadeo programa unha viaxe á Feira Internacional de Mostras de Asturias, en Xixón. Será o luns 5 de agosto e a saída terá lugar ás 09.30 horas dende a estación de autobuses. A volta será ás 19.00 horas

A entrada é gratuíta para maiores de 65 anos e a comida corre a cargo de cada viaxeiro. A viaxe de ida e volta está subvencionada pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Maiores. Os interesados poden realizar as inscricións ata o 4 de agosto nas Oficinas Xerais do Concello de Vegadeo ou no teléfono 985 634 022.

0.18923497200012