Vegadeo rememora o seu pasado no Mercado Medieval Honor del Suarón Piantón

AMariñaXa
Os asistentes poderán atopar unha variedade de postos de produtos de artesanía e alimentación chegados desde distintos puntos da xeografía española
mercado_medieval_pianton
mercado_medieval_pianton
12 Xul 2024

Piantón, en Vegadeo, revive a súa tradición medieval da man dunha nova edición do Mercado Medieval Honor del Suarón Piantón os días 13 e 14 de xullo. De novo, os asistentes poderán atopar unha variedade de postos de produtos de artesanía e alimentación chegados desde distintos puntos de Asturias e Galicia e de toda a xeografía española.

Tamén haberá espectáculos de cetrería e obradoiros. Ademais, os interesados xa poden adquirir ata o día 8 os tíckets para participar na cea medieval do sábado. Estarán á venda en Casa Jano, Bar el Tramo ou Bar Asturias.

0.055718183517456