Vegadeo prepárase para celebrar o Samaín con talleres temáticos para a cativada
									AMariñaXa								
			Vegadeo prepárase para celebrar o Samaín con talleres temáticos para nenos e nenas
 					
					
20 Oct 2024
			
				
Vegadeo prepárase para celebrar o Samaín con talleres temáticos para nenos e nenas de 3 a 12 anos. As propostas impartiranse o 30 e 31 de outubro no IES Elisa e Luis Villamil de Vegadeo de 9:30 a 14:30. As prazas son limitadas, no caso de que os participantes superen o número de prazas terán prioridade os empadroados e escolarizados no municipio. Os interesados xa poden realizar a súa inscrición a estas actividades a través da web do Concello.