Vegadeo prepara a tradicional fogueira de San Xoán
O Concello de Vegadeo prepara para a noite do xoves 23 de xuño a tradicional fogueira ou cacharela de San Xoán.
Pola tarde haberá un taller de elaboración de bonecos para a súa queima na cacharela en horario de 17.00 a 19.00 horas para nenos de 3 a 6 anos, e de 19.00 a 21.00 horas para maiores de 7 anos. Este será no local de Mercasa e se o tempo o permite na explanada do recinto.
A partir das 19.00 tamén haberá inchables para os nenos e animación musical a cargo de Alejandro Martinez.
Esta cita será na explanada do recinto feiral e terá lugar xa pola noite con actividades e música para dar paso ás 22.00 ao acendido da fogueira. En breve iremos confirmando as novidades así como a cea.
Dende o Concello lembran que xa se pode ir reservando todo aquilo que se queira queimar na fogueira simbólicamente, o vello e o malo, co fin de deixar espazo a novas oportunidades e desexos.