Vegadeo pon en marcha o programa 'Acompañad@ en tu camino' para previr a soidade non desexada

O Concello de Vegadeo, a través da Concellería de Benestar Social e Maiores, vén de poñer en marcha o programa Acompañad@ en tu camino, unha iniciativa que ten como obxectivo previr e reducir o illamento social e emocional das persoas maiores ou con discapacidade que viven soas de maneira non elixida.
O programa está dirixido a persoas maiores de 65 anos e/ou con discapacidade que vivan soas ou se sintan soas, ofrecéndolles actividades de acompañamento, integración social e apoio emocional co fin de fomentar as relacións persoais e mellorar a súa calidade de vida.
As persoas interesadas ou aquelas que coñezan a alguén que poida necesitar apoio poden contactar co Centro Municipal de Servizos Sociais de Vegadeo, no propio Concello de Vegadeo, a través dos teléfonos 985 476 148 / 697 163 640 ou do correo electrónico plansalud@vegadeo.es
.