Vegadeo organiza cursos de informática para nenos este verán
AMariñaXa
Trataranse as competencias básicas informáticas, mecanografía, Word, Excel e PowerPoint

Imaxe de arquivo
8 Jun 2024
Vegadeo organiza cursos de informática no verán. A iniciativa do Servizo de dinamización tecnolóxica local e Concello de Vegadeo terá lugar durante os meses de xullo e agosto, para nenos a partir de 9 anos. Trataranse as competencias básicas informáticas, mecanografía, Word, Excel e PowerPoint. Os interesados poden solicitar máis información no 985 63 44 05 e no 697 162 713