Vegadeo ofrece un curso presencial para iniciarse no uso práctico da Intelixencia Artificial

O Concello de Vegadeo, en colaboración coa entidade YOConecto.org, pon en marcha un curso presencial de formación en Intelixencia Artificial dirixido a persoas de todos os niveis. A iniciativa ten como obxectivo achegar á veciñanza ferramentas dixitais actuais que permiten xerar ideas, redactar textos, deseñar imaxes e crear vídeos dun xeito áxil e profesional.
A formación desenvolverase entre os días 23 e 26 de febreiro, en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas, nas instalacións do Servizo de Dinamización Tecnolóxica Local (SDTL) de Vegadeo, situadas na Casa da Cultura. Trátase dun curso gratuíto e presencial, pensado tanto para persoas que se achegan por primeira vez á Intelixencia Artificial como para quen queira mellorar as súas competencias dixitais.
Ao remate da actividade, as persoas participantes recibirán unha certificación acreditativa. Desde a organización destácase a utilidade práctica desta formación, orientada a facilitar o uso da tecnoloxía no día a día, tanto a nivel persoal como profesional.
As inscricións poden formalizarse no Servizo de Dinamización Tecnolóxica Local de Vegadeo, na Casa da Cultura, situada na rúa Alameda número 12. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 985 634 405 ou do correo electrónico cdtl@vegadeo.es.