Vegadeo fará unha actividade de arteterapia para mellorar o benestar físico, mental e emocional
AMariñaXa
O Concello de Vegadeo pon en marcha unha nova iniciativa para a veciñanza para mellorar o benestar físico, mental e emocional.
29 Mar 2022
O Concello de Vegadeo pon en marcha unha nova iniciativa para a veciñanza para mellorar o benestar físico, mental e emocional.
Esta actividade será arteterapia e utilizará a música, a pintura e a escritura para sanar desde a creatividade. Impartirase os días 5 e 6 de abril de 17.30 a 19.00 horas e estará a cargo de Eva María García Rosado, psicóloga.
A actividade será no centro social de maiores, Casa Cuervo, na rúa La Galea, e para participar será necesario anotarse antes do 4 de abril no teléfono 697 163 640.