Vegadeo convoca premios para recoñecer o talento e a innovación no medio rural

O Concello de Vegadeo lanza unha nova convocatoria de premios co obxectivo de recoñecer o traballo, a creatividade e o compromiso co medio rural. As veciñas e veciños poden presentar candidaturas nos seguintes galardóns:
Os Premios Gastronómicos María Luisa García teñen como finalidade poñer en valor o traballo no ámbito culinario e agroalimentario. Contemplan tres modalidades: traxectoria profesional, produción local e proxección rural. O prazo para presentar propostas finaliza o 5 de decembro de 2025.
O Premio Muller Rural do Ano recoñece a labor das mulleres que destacan por impulsar o desenvolvemento e a visibilidade do medio rural. As candidaturas poden presentarse ata o 5 de setembro de 2025.
Os Galardóns “40 anos de Paraíso Natural” están dirixidos a proxectos e persoas que contribúen á promoción e conservación da contorna rural e natural. Contan con varias categorías: ámbito empresarial, asociativo, imaxe e comunicación, recursos turísticos e gobernanza pública. O prazo para enviar propostas vai do 1 ao 30 de setembro de 2025.
Para participar, é necesario indicar o nome da persoa, entidade ou proxecto proposto, engadir unha breve descrición do motivo da candidatura e enviar a proposta ao correo quedanaveiga@vegadeo.es