O XXI Open de Xadrez Rápido de Vegadeo repite gañador: Aleksa Strikovic

AMariñaXa
O Concello de Vegadeo converteuse no epicentro do xadrez cunha cita marcada no calendario
ajedrez-vegadeo
2 Jan 2025

O Concello de Vegadeo acolleu o seu torneo XXI Open de Xadrez Rápido.  Segundo trasladou, o Club de Ajedrez Valdesva de Trevías, tivo boas cifras de participación con ata 50 xogadores inscritos, o máximo permitido. Destacou polo seu nivel alto á hora de competir con ata 8 xogadores titulados e moitos xogadores mozos.

A proba realizouse en dúas xornadas en horario de tarde e no ambiente destacaron as ganas de desfrutar do xadrez con gran deportividade. A victoria, unha vez máis e xa van catro consecutivas, foi para o Gran Mestre Aleksa Strikovic, con 6.5 puntos de 7 posibles. O segundo posto foi para Nicolás Martín e o terceiro foi o Mestre Internacional Alberto Andrés, ambos con 5.5 puntos.

O mellor veterano foi José Ramón Roca, o mellor sub18 foi Roque Ordíz e o mellor xogador local foi para Vladislav Davydov. Desde o Club de Ajedrez Valdesva de Trevías agradecen ao Concello por manter esta iniciativa deportiva durante tantos anos.

0.078542947769165