Vegadeo converterase os días 4 e 5 de abril no epicentro do mototurismo

Vegadeo converterase os días 4 e 5 de abril no epicentro do mototurismo coa celebración da primeira cita do Rider Extreme 500, un esixente desafío que levará aos participantes a percorrer 500 quilómetros de espectaculares rutas entre Asturias e León.
A saída e a meta estarán situadas no Recinto Feiral de Vegadeo. O venres 4 de abril terá lugar a recepción dos participantes, mentres que o sábado 5 de abril será a xornada central do evento, cun reto de 10 horas de condución a través de estradas comarcais rodeadas de paisaxes únicos.
Organizado por Biker Friendly, este evento pretende consolidar o Occidente de Asturias como un auténtico paraíso para os amantes das dúas rodas, promovendo o turismo e favorecendo o sector da hostalaría e da hotelaría da comarca. Ademais da ruta, a xornada incluirá unha cea de despedida e unha festa musical para os asistentes.
O prazo de inscricións está aberto cun máximo de 350 participantes. Para máis información, pódese consultar a páxina web oficial do evento en https://bikerfriendly.es/. Vegadeo prepárase así para recibir a centos de motoristas nun encontro que combina paixón polo motor, turismo e aventura, converténdose nunha cita imprescindible para os afeccionados ás motos.