Vegadeo celebra a Feria de stocks este mes de outubro

AMariñaXa
Polo momento, manteñen abertas as inscricións a través dun formulario online para todos os negocios que queiran formar parte da proposta
feira-de-stocks-vegadeio
6 Out 2024

O municipio de Vegadeo comeza a conta atrás para a celebración da súa Feira de Stocks. A cita será do 11 ao 13 de outubro no recinto feiral do concello e celebrarase de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.30 horas. Deste xeito, no encontro poden participar os expositores que así o desexen. Polo momento, manteñen abertas as inscricións a través dun formulario online para todos os negocios que queiran formar parte da proposta. Noutras edicións da feira sortearon vales de compra para os comercios locais, ademais de que programaron actividades infantís polas tardes co obxectivo de que sexa unha iniciativa para todo a familia.

0.14982008934021