Vegadeo celebra a ampliación das lanzadeiras estivais cara a praias e espazos naturais

AMariñaXa
O Concello destaca o impacto positivo desta medida en mobilidade sostible e promoción turística na comarca do Eo-Navia
Horarios-Oscos-Eo-Taramundi-Vegadeo.jpg_1187216185
30 Jun 2025

O Concello de Vegadeo amosou a súa satisfacción pola ampliación do servizo de lanzadeiras estivais anunciado polo Goberno do Principado de Asturias, que pasará a contar este verán con 31 rutas de autobús público —o dobre que no 2024— para facilitar os desprazamentos ata praias e espazos de alto valor ecolóxico e turístico.

A medida, que estará en funcionamento entre o 1 de xullo e o 8 de setembro, beneficiará a 27 concellos, incluíndo A Veiga, que verá reforzado o servizo cara á Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Ademais, incorpórase unha nova conexión desde Taramundi, o que permitirá ampliar o acceso á zona tanto para veciñanza como para visitantes.

O alcalde, César Álvarez Fernández, destacou que esta iniciativa supón “un avance real na mobilidade sustentable e na posta en valor do noso patrimonio natural”, ao tempo que contribúe a dinamizar a economía local e reducir a presión do tráfico durante os meses de verán. Tamén puxo en valor “a boa coordinación entre administracións” e o compromiso do Principado coa mellora dos servizos públicos no occidente asturiano.

Toda a información sobre os horarios e rutas activas pódese consultar na web: www.ctaconecta.com/es/verano

⚙ Configurar cookies
0.17041897773743