Vegadeo acollerá para este mes de novembro varios espectáculos
O auditorio Félix Menéndez acollerá para este mes de novembro varios espectáculos para todos os públicos. Así, comezará o mércores 9 ás 20.00 horas haberá cine con Tenéis que venir a verla de Jonás Trueba e que fala de dúas parellas amigas que volven quedar nun concerto tras o confinamento da primavera de 2020.
O domingo 20 de novembro ás 18.00 horas o teatro volve da man de Luz de Gas e a súa obra Un peregrino muy casto. Que trata sobre as consecuencias de perder unha aposta e un grupo de amigos que se ven obrigados a realizar o Camiño de Santiago portando un cofre.
O día 23 de novembro ás 20.00 horas volverá o audiovisual con La inocencia interrumpida de José Fernández Rivero. O documental céntrase na historia dos 4000 nenos e nenas españois chegados a Southampton para escapar dos horrores da guerra.
Xa o 27 de novembro haberá un musical protagonizada por Alberto Rodríguez, Carlos Mesa e Marga Llano, X a túa culpa. Trátase de varias historias de amor que se desenvolven nun mundo de gánsters, karaokes e ximnasios. Será ás 18.00 horas.