Vegadeo acolle o Programa Saúde e Benestar +60
O Concello de Vegadeo acolle o Programa Saúde e Benestar +60, dirixido prioritariamente a maiores de 60 anos e persoas con discapacidade.
As actividades de novembro serán os días 7 e 14. A primeira actividade ‘Somos movemento. Sesión práctica’ será impartida por Lorena Arruñada Rico, fisioterapeuta. Para o día 14, ‘O mundo emocional: Como xestionamos as emocións?’, que imparte Vanesa Pernas Martínez, psicóloga sanitaria.
Estas actividades están abertas a toda a poboación. No caso de que a participación supere o número de prazas terán prioridade as persoas maiores de máis de 60 anos ou as persoas con discapacidade.
Para máis información pódese contactar e inscribirse no Plan de Promoción de Saúde do Concello de Vegadeo nos teléfonos 985 634 022 ou 697 163 640 en horario de mañá.