Vega anuncia que se reanudarán en breve as obras de reforma do hospital asilo de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello xa conta con financiamento para acometer o 13 % que quedou pendente, tras a presentación de concurso de acredores por parte da empresa que estaba a executar os traballos
ribadeo-equipo-de-goberno-visita-obras-hospital-asilo-2024
21 Oct 2025

As obras de reforma do hospital asilo reanudaranse en breve. O Concello xa conta con financiamento para acometer o 13 % que quedou pendente, tras a presentación de concurso de acredores por parte da empresa que estaba a executar os traballos.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando orzamento e poñéndolle solucións aos problemas que causou a obra da reforma do hospital asilo. Desde logo, a empresa tivo problemas, causounos moitas dores de cabeza nos últimos días, dado que presentou concurso de acredores e iso ten unhas consecuencias negativas para o Concello de Ribadeo, xa que vai atrasar os tempos e vai atrasar a obra”.

O rexedor contou que “nestas últimas semanas o que fixemos foi un proceso de negociación coa empresa para que nos entregara a obra, dado que queda o 13 % sen facer. Xurdiron varios problemas. Primeiro os tempos. Se non nos dabamos presa isto vaise ir ralentizando e iso ten consecuencias bastante negativas á hora de poñerlle fin a esta obra. Hai que poñerlle fin e querémolo facer con todo o sentido, con toda a responsabilidade, con toda a transparencia, por iso lle dixemos que nos tiña que entregar a obra. Agora vamos licitar ese 13 % restante, obra que queda sen facer, para non unila á parte onde era a residencia das monxas e á capela, xa que iso estaba no antigo proxecto. Se introducimos ese 13%, facemos modificado e atrasamos aínda máis”.

Vega declarou: “todo ben informado, todo ben explicado, tamén informamos á oposición. Primeiro paso, licitar o 13 % e para iso necesitamos orzamento, por que despois de 18 meses hai un incremento dos custes, onde nos custaba 228.000 euros, vainos custar agora 160.000 euros máis, son 380.000 euros. Iso é unha cantidade que non tiñamos orzamentada, dado que nosoutros íamos rematar con eses 228.000 e agora necesitamos 160.000 mais. Xa xestionamos na Xunta de Galicia 170.000 euros, é dicir 10.000 euros máis, porque sempre hai problemas e sempre pode haber algún tipo de reforma que é necesaria facer e aproveitamos. Iso témolo, temos a cantidade para rematar a obra”.

O alcalde explicou que “informamos á oposición, agora vamos presentar esa memoria, firmar convenio, licitar o 13 % e acabaríamos a obra. Pero o que queríamos era informar de primeira man á oposición e evidentemente a todos os veciños de Ribadeo, que lle estamos poñendo toda a transparencia que ten que haber claramente e nisto informamos sempre á oposición e sempre tamén a todos os veciños e veciñas. Nosoutros non queríamos estes problemas, pero os problemas son os que son. Cando unha empresa presenta concurso de acredores, como lle pasou tamén a outros Concellos que teñen a mesma construtora, hai que poñerlle solucións rapidamente. Nosoutros fixémolo con toda a rapidez, pero sempre desde un punto de vista dos tempos rápidos, pero cunha garantía xurídica e sempre co respaldo técnico xurídico do Concello de Ribadeo”.

Dani Vega subliñou: “temos a cantidade non sómente para rematar ese 13 %, sino tamén para xa licitar a lavandería e a cociña, é dicir 160.000 euros. A xestión desta semana pasada foi de 320.000 euros para a residencia hospital asilo. Sumados aos 700.000 euros que xa nos achegará a Xunta de Galicia, o que temos que dicir é grazas á Xunta e ao Consorcio, ao seu director, ao director xeral de Maiores e á conselleira Fabiola García, que sempre teñen unha preocupación, ganas de solucionar, ganas de axudar, e nosoutros evidentemente moi agradecidos. Polo tanto, unha xestión ben feita, informamos a oposición, iremos informando dos seguintes pasos que temos que dar, pero na residencia hospital asilo en breve comezarán as obras”.

⚙ Configurar cookies
0.067991018295288