Veciños e políticos de Viveiro maniféstanse pola situación da Atención Primaria

TerraChaXa | AMariñaXa
A vicesecretaría xeral do PSOE e alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse diante deste edificio en protesta pola situación na que a Xunta mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa.
img2.rtve
23 Xan 2019

A vicesecretaría xeral do PSOE e alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, veciños e persoal do centro de saúde e PAC viveirense concentráronse diante deste edificio en protesta pola situación na que a Xunta mantén a atención primaria pública neste municipio e para reclamar solucións xa. "Pois o goberno galego do Partido Popular négase a reforzar o número de profesionais para urxencias ou especialidades como a de pediatría e nin tan sequera cubre as baixas médicas xustificadas por enfermidade ou vacacións. Todo isto en detrimento das 15.500 familias de Viveiro e das case 3.000 do Vicedo e Ourol cuxo Punto de Atención Continuada é o viveirense".
Como explican, o feito de non cubrir as baixas médicas (houbo semanas con 3 médicos menos na quenda de mañá) supón que un veciño de Viveiro chegue a agardar ata 10 días por unha consulta, que os médicos atenden a máis de 55 persoas nunha soa mañá ou teñan a dous pacientes á mesma hora con citas pechadas polo propio Sergas.
"Pola tardes, hai tan só 3 médicos para consultas e as urxencias dos veciños de Viveiro (que son uns 15.500) e tamén para as do Vicedo e Ourol (outros 3.000), posto que o centro de saúde viveirense tamén é PAC. Os veciños levan tempo reclamando ao executivo autonómico que se reforce o persoal, pois cando hai urxencias a domicilio é imposible asumir o volume de traballo e polo tanto ofrecer unha atención sanitaria digna", engaden.
Outras das prestacións afectadas polos recortes do goberno galego do PP é a de pediatría, que pasou de contar con 2 profesionais a ter tan só 1. "Un único pediatra é agora o responsable de atender aos 2.000 nenos de Viveiro, O Vicedo e Ourol. Isto supón unha longa espera para unha consulta ordinaria e con ela as familias teñen agardado 5 horas para poder ser atendido", conclúen.
 

0.17036008834839