Veciños do Valadouro recibirán formación sobre o uso dos caixeiros de forma segura
AMariñaXa
Terá lugar o xoves 21 de novembro ás 10.30 horas

14 Nov 2024
O Concello do Valadouro e Abanca organizan un curso sobre o uso dos caixeiros automáticos de forma fácil e segura. Terá lugar o xoves 21 de novembro ás 10.30 horas na Casa da Cultura.
Na formación danse consellos sobre como utilizar os caixeiros de forma segura e fálase tamén das diferentes operacións que se poden realizar nos mesmos. Unha oportunidade para resolver dúbidas e acadar coñecementos. A segunda parte desta charla centrarase na prevención da fraude e en cuestións de ciberseguridade.