Veciños de Santa María Maior reclaman o arranxe o estado da LU-P-3103
Os veciños e veciñas da parroquia de Santa María Maior reunironse cos deputados provinciais do PP -Antonio Ameijide, Clemente Iglesias e José María Fernández- e co alcalde de Mondoñedo, Manolo Otero. A veciñanza atópase afectada pola rotura das canalizacións de drenaxe da estrada provincial LU-P-3103 ao seu paso polo barrio do Fondo da Vila.
Nesta ocasión, os veciños e veciñas explicaron que presentaron máis de 260 sinaturas para esixir á Deputación de Lugo, como titular da vía, que arranxe debidamente o drenaxe e repare os danos na estrada logo de dous anos de problemas e danos constantes ás súas vivendas e propiedades.
Os populares xa trasladaran de forma oficial ao goberno provincial de PSOE e BNG no Pleno da Deputación a situación destes veciños que, nalgúns casos, sofren inundacións nas súas propias vivendas; pero que todos se vén afectados polas riadas de auga que baixan pola estrada cando chove con intensidade e a auga sae polos buratos que fixo a presión da auga fai máis de dous anos, o pasado 1 de xaneiro de 2023. Dende entón, os veciños e veciñas viven situacións de risco de caídas no entorno das súas vivendas e na entrada á Casa da Escola, que é o local que empregan os veciños da parroquia para as súas actividades.
O portavoz, Antonio Ameijide, sinala que agarda que “o goberno de PSOE e BNG escoite as reclamacións dos propios veciños e veciñas, xa que non escoitou as demandas que lle trasladamos dende o Grupo Provincial Popular que si está a escoitar as necesidades dos lucenses sen distincións de cores políticas”.
Nese sentido, pregunta a PSOE e BNG “se están agardando a que aconteza unha desgraza para actuar ou cal é o motivo de levar máis de dous anos sen asumir as competencias da Deputación nesta vía provincial e levar a cabo os traballos oportunos para resolver estes problemas”.
O portavoz popular sinala que “as canalizacións para o drenaxe transversal e lonxitudinal rebentaron pola presión da auga en momentos de intensas precipitacións debido, moi probablemente ao mal deseño, obstrución e falta de mantemento, xerando danos no asfalto e nas vivendas e un risco innecesario”. E no lugar de Braña, tamén na marxe desta mesma estrada provincial, a canalización e a drenaxe están totalmente desfeitas. Pero ante esta situación, “o goberno provincial de PSOE e BNG non se preocupa o máis mínimo e a desfeita leva xa máis dous anos sen reparar”.
RECLAMACIÓN
A través dunha recollida de firmas, máis de 260 veciños e veciñas amosan o seu apoio á reclamación para que a Deputación de Lugo e demandan que se adopten deste xeito as medidas oportunas para canalizar mediante canalizacións de drenaxe lonxitudinal e transversal a auga de escorrentía nesta vía provincial, que se leve a cabo un mantemento axeitado das cunetas e que se reparen os danos causados ao firme da estrada, para que non se repitan feitos como os sufridos durante estes anos.