Veciños de Ribadeo quéixanse do estado dos aparcadoiros
Veciños de Ribadeo veñen de queixarse do estado dos aparcadoiros da vila pois segundo explican, "están nun estado lamentable".
Segundo estes veciños, "o alcalde ribadense xa leva case 7 meses ao fronte do Concello, e non puido nin botar un pouco de zahorra. Da pena ver o aparcadoiro, sobre todo cando chove".
Outros afectados din que "si se sinalizas como aparcadoiro polo menos debe de cumprir unha normativa básica como se esixe aos cidadáns en outros temas!.
Ademais deste tema, os veciños critican que non se podaran os castiñeiros de Indias, pois "estas árbores necesitan un terciado para evitar o desprendemento de grandes ramas".
"O PP presumía de que "se recuperou poda das árbores da vila, pero parece que a pouca experiencia, neste caso, fíxolles esqueceros Castiñeiros de Indias", sinalan, "ademais cando se corta unha rama non se debe de esquecer o aplicar masilla cicatrizante, para previr infeccións por fungos, bacterias e danos climáticos que puidesen debilitar ou podrecer a madeira".