Veciños de Ribadeo queixanse do estado da tapa do contedor de lixo soterrado
AMariñaXa
Veciños de Ribadeo veñen de queixarse de que levan varios días coa tapa do colector de lixo soterrado en mal estado.
16 Ago 2022
Veciños de Ribadeo veñen de queixarse de que levan varios días coa tapa do colector de lixo soterrado en mal estado. Así, informaron de que xan van "catro días contando con hoxe, martes 16 de agosto, son os que leva coa tapa levantada este contedor de lixo".
A situación preocupa bastante á veciñanza pois "pode caer un cativo ou romper unha perna unha persoa maior", engaden, "como se pode apreciar, no fondo hai un leito de cristais rotos e lixo de todo tipo".
Este colector de lixo está situado en pleno centro de Ribadeo fronte as vivendas sociais, "ademais estamos en festas con miles de visitantes e turismo en pleno mes de agosto".