Veciños de Ribadeo concentráronse diante do Centro de Saúde en sinal de protesta polo servizo de pediatría

AMariñaXa
Veciños de Ribadeo e comarca concentráronse diante do Centro de Saúde en sinal de protesta e demandando solucións urxentes para os servizos de pediatría en Ribadeo e na comarca, que se resinte e colapsa por falta de recursos humanos.
20 Dec 2023

Veciños de Ribadeo e comarca concentráronse diante do Centro de Saúde en sinal de protesta e demandando solucións urxentes para os servizos de pediatría en Ribadeo e na comarca, que se resinte e colapsa por falta de recursos humanos. Isto vén ocorrido moitas veces en Ribadeo e en moitos concellos da Mariña cando por exemplo hai baixas no persoal sanitario e non se cubre por parte do Sergas.

O concelleiro e portavoz nacionalista Pablo Vizoso que xunto coa tamén concelleira Raquel Ferreira interviron no acto e recordaron que hai pouco máis dun ano concentráranse tamén diante do Centro de Saúde denunciando as mesmas carencias que un ano despois, lonxe de mellorar, empeoraron.

Os edís nacionalistas de Ribadeo fixeron referencia á cantidade gran cantidade de iniciativas que o BNG fixo no Parlamento, e fixeron especial fincapé nas emendas formuladas aos Orzamentos da Xunta 2024 polo deputado mariñao Daniel Castro onde se pedía mais consignación orzamentaria  para recurso humanos e materiais para a Atención Primaria na Mariña (2,5 millóns de euros, e outros 2,5 millóns de euros especificamente para os servizos de pediatría. Así mesmo demandábase dotación para os servizos de matrona na comarca e 1 millón de euros para a construción do novo centro de saúde de Ribadeo, agora que xa hai terreos para a súa localización.

Lamentan os nacionalistas que "todas estas propostas tan necesarias para a sanidade pública na Mariña e tan demandadas pola sociedade foran botadas abaixo ao votar en contra delas os deputados e deputadas do Partido Popular no Parlamento", engaden, “con isto podemos comprobar en mans de quen está a sanidade pública en Galicia e na Mariña: en mans dos seus destrutores”, afirmou o portavoz nacionalista Pablo Vizoso, que animou á cidadanía a seguir mobilizándose en defensa deste dereito tan importante como é a sanidade pública.

0.1353600025177