Veciños de Órrea están convocados á reunión da asociación de veciños

TerraChaXa | AMariñaXa
Esta busca renovarse na súa case totalidade
asemblea-orrea-asociacion-vecinos
Cartel
24 Ago 2024

A veciñanza de Órrea, en Riotorto, está convocada na tarde deste sábado, 24 de agosto, a unha reunión da asociación de veciños na que é a súa asemblea anual, que será ás 17.00 horas na escola de Órrea.

Na sesión darase conta da memoria de actividades e da económica e tratarse a renovación da xunta directiva.

O último punto antes de pasar á quenda de rogos e preguntas serán os novos proxectos.

A organización invita á veciñanza a participar neste reunión xa que a xunta directiva ten que ser renovada na súa case totalidade.

0.12749600410461