Veciños de Mondoñedo e As Pontes participaron na alfombra floral de Santiago
TerraChaXa | AMariñaXa
Elaborouse con motivo da celebración do Día Grande de Galicia
Participantes na elaboración e a alfombra
29 Xul 2024
Santiago volveu contar este ano cunha fermosa alfombra floral para conmemorar o día grande das festas na capital e que se fixo diante do hostal dos Reis Católicos.
Novamente o grupo Pétalos das Pontes participou neste evento xunto a membros do centro San Pablo de Mondoñedo.
Este grupo está a participar en iniciativas por Galicia e tamén polo resto do territorio peninsular con estadías incluso no estraxeiro para compartir experiencias.