Veciños de Magazos, en Viveiro, molestos polo estado das estradas
Veciños de Magazos puxéronse en contacto coa concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, para expresar o seu malestar de como se atopan as estradas que van cara as súas vivendas.
Así é que en Magazos, no tramo de estrada que vai desde o camiño da Cruz en Rúa Nova a camiño de Vilamarcol de Arriba, "fai anos que non se repón o seu firme e así o demostra o seu estado onde se pode ver a masa asfáltica levantada en gran parte da súa superficie coa herba medrando na mesma", dixo Bermúdez. Ademais do mal estado do asfalto, "podemos observar a vexetación que asolaga esta estrada por ambas marxes, o que demostra que tampouco leva un mantemento regular e continuo esta estrada".
“Prazos, obxectivos e mantementos axendados son a clave para a conservación e mellora das estradas municipais", afirmou Míriam Bermúdez concelleira do BNG, “o mal estado e abandono das estradas de Viveiro teria fácil solución si o Goberno Municipal deixase a improvisación e contase cun Plan de Mantemento como o que presentamos desde o BNG no seu dia,” afirma Míriam, quen comenta que “este Plan de Estradas do BNG conta con políticas estruturadas e obxectivos fixados a curto, medio e longo prazo”. E remarca como “moi positivo para Viveiro contar cunha planificicación para que o mantemento das estradas do concello funcionase debidamente, pois actualmente só funciona baixo denuncia pública e a veciñanza o fai visible”.