Veciños de Burela están a recadar fondos para cambiar o alumeado do cemiterio parroquial
AMariñaXa
Varios veciños de Burela están a recadar fondos para cambiar o alumeado do cemiterio parroquial por un de baixo consumo.
10 Feb 2024
Varios veciños de Burela están a recadar fondos para cambiar o alumeado do cemiterio parroquial por un de baixo consumo.
Dende hai anos as luces do cemiterio están apagadas durante a noite, por iso os veciños cren que cambiando as luminarias por unhas de tecnoloxía Led, o custos de mantelas acendidas sería asumible para a parroquia.
Segundo a veciñanza, o custo da obras será de 580 euros, para o que piden unha colaboración, e polo momento están a poñer 10 euros por nicho.