Veciños de As Pallaregas, en Viveiro, instan á reparación das dúas vías de acceso

AMariñaXa
O PP de Viveiro apoia as reivindicacións dos veciños de As Pallaregas e presentará unha iniciativa no pleno para a reparación das vías
vieiro as pallaregas fochancas
2 Xul 2021

Veciños de As Pallaregas, na parroquia de Covas, queixanse do pésimo estado de dúas vías de acceso ao núcleo, así o comunicou o voceiro popular Óscar Rodríguez que sinala que "os residentes están fartos de ter que circular por estradas cheas de fochancas, con puntos nos que a calzada é moi estreita e con tramos nos que parece que o Concello se esquece de levar a cabo as labores de roza".

Rodríguez anunciou que o PP presentará unha iniciativa no próximo pleno, para que o goberno de Viveiro faga as xestións necesarias para amañar canto antes as dúas estradas indicadas.

"Hai puntos", segundo explica Óscar Rodríguez, "nos que a situación se volve aínda máis complicada. É o caso do lugar de A Casería. Neste punto acaba a estrada, pero non hai sinal que indique tal circunstancia. Debido a elo, son numerosos os condutores que teñen que manobrar para dar a volta, non sen certas dificultades. Nesta zona hai numerosas e grandes fochancas. Os veciños din que, polas circunstancias que queden indicadas, o camión de recollida do lixo non se acerca a este punto, e os residentes teñen que cargar un tramo considerable coas bolsas de residuos".

Rodríguez sinala que "o goberno municipal ten que escoitar aos veciños que sofren cada día o mal estado en que se atopan os accesos a As Pallaregas. Xa que non parece querer facelo, o grupo municipal popular presentará unha iniciativa no próximo pleno na liña das demandas dos veciños que canto antes se proceda a reparación destas vías, se complete o traballo de roza da maleza das beiras e, se é posible, se ensanche a calzada nos puntos más estreitos".

0.19167017936707