Veciños da Mariña poderán visitar o patrimonio de Castroverde nunha excursión de Mariña Patrimonio

AMariñaXa
Mariña Patrimonio organiza unha visita polo patrimonio do Concello de Castroverde para o vindeiro sábado 28 de outubro e a data límite para apuntarse á actividade é o 24.
Mariña Patrimonio Castroverde
20 Out 2023

Mariña Patrimonio organiza unha visita polo patrimonio do Concello de Castroverde para o vindeiro sábado 28 de outubro e a data límite para apuntarse á actividade é o 24.

Nesta saída, está previsto visitar, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme e, se queda tempo antes do xantar, irán ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, as persoas participantes realizarán un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso á Mariña.

O itinerario do autobús vai ser recoller aos primeiros participantes en Viveiro, para logo pasar por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e, finalmente, ir cara a Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.

As persoas interesadas en participar nesta actividade deben comunicalo para facilitar a organización da mesma, tendo en conta que hai un límite de prazas e terán prioridade as persoas que antes o comuniquen. Para anotarse enviarase un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus e se van participar no xantar.

0.18796491622925