Varou unha balea na praia focense de Llas

Foz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 sep 2019

Un particular deu o aviso ás autoridades, este pasado domingo, desde a praia focense de Llas, porque tiña atopado unha balea morta no areal duns cinco metros de lonxitude. A Garda Civil advertíulle á súa vez da incidencia a 112 e a outros servizos para que se activaran os medios oportunos, que normalmente son os biólogos integrantes da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, Cemma.

Tamén Protección Civil estivo atento a todo canto se puidera facer por axudar pola balea pero non houbo esperanza. Os científicos do Cemma foron a recollelo e a tomarlle mostras e análises na praia, para practicarlle a necropsia e concretar a causa da morte.

Non é tan extraño o varamento de grandes cetáceos nas costas da Mariña. Un dos últimos fora na praia de San Román, no Vicedo.

0.20557498931885