Varios inmobles da Cabanela ribadense destinaranse ao aluguer de vivenda
O Concello de Ribadeo anunciou que nunha das actuacións do Plan Rexurbe, en Cabanela, o equipo de goberno aposta “porque a rehabilitación destes inmobles en ruínas sexa destinado ao aluguer de vivenda para a xente nova”.
O rexedor dixo “este é un novo paso que pretendemos dar precisamente para actuar naqueles ámbitos que nos parece que está máis degradados e que soamente coa iniciativa privada é difícil”.
Un exemplo é o barrio de Cabanela, onde naceu Ribadeo aló polo século XII e que está nunha situación de tremenda ruína, nun estado lamentable desde hai decenios. Polo tanto espazos como este son propicios para que, con esta iniciativa Rexurbe, entre varias administracións se poida impulsar. Tamén contando coa iniciativa privada, pero as administracións deben impulsar, tutelar e dirixir estas iniciativas.