Varios dos mellores surfistas estarán mañá en Ribadeo adestrando para o Illa Pancha Big Waves
Mañá, día 22 de novembro, celebrarase en Ribadeo ás 08.30 horas, un dos adestramentos de preparación dos deportistas que participarán na próxima edición de Illa Pancha Big Waves.
O devandito adestramento comezará coa saída en motos de auga dos deportistas, desde o porto de Ribadeo, ata o punto máis alto da onda, na rompente de Illa Pancha.
Os surfeiros que participasen nesta sesión de adestramento son Ian Cosenza, Michelle deas Bouillons, Lucas Chumbo, Lucas Fink, Pierre Carré, Eric Rebiere, Juan Fernandez.
Illa Pancha, ten a vantaxe de que os espectadores que asistan ao adestro ou ao campionato poden divisar a onda desde moi preto, grazas ao seu miradoiro e orografía da costa que permite apreciar con facilidade as manobras dos deportistas.
As ondas grandes son un fenómeno natural que cada día chama a máis seguidores, adeptos e mesmo deportistas. Galicia converteuse nun referente de ondas grandes, tanto a nivel nacional como internacional, grazas aos eventos de Coruña Big Waves e Illa Pancha Big Waves.
Empezou o período de espera en setembro de 2022, e durará ata marzo de 2023. Non habendo data fixa para a celebración dos mesmos, por estar a expensas da formación do Swell perfecto en Ribadeo, e en Coruña.
A Federación Galega de Surf e After surf, contan coa experiencia, de Eric Rebiere, para a organización destes dous eventos de ondas grandes. A dificultade está en poder prever que día confluirán as condicións adecuadas.
Mañá Ribadeo , contará con algúns dos mellores surfeiros do mundo, en modalidade de Tow in que se desprazarán desde Nazaré, para quentar motores neste primeiro adestramento de ondas xigantes desta tempada.