Varias organizacións rexeitan as medidas da prohibición da pesca de fondo
Varias organizacións públicas e privadas veñen de manifestarse pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria tralo anuncio da Comisión sobre a aplicación da Política Pesqueira Común (PPC) da Unión Europea en 2023 "de non propoñer ningunha mellora nesta política".
"A pesca, a pesca artesanal en particular, o marisqueo, a acuicultura mariña e toda a cadea mar-industria constitúen un ha fonte fundamental de alimento de recoñecido valor nutritivo, que contribúen á soberanía e seguridade alimentaria europea xunto coa agricultura e a gandería. Debe mencionarse tamén a acuicultura, un ha actividade sostible, con gran capacidade de xeración de proteína mariña e de incuestionable relevancia en Europa", din no sei manifesto.
Ademais, "a proteína de orixe mariña, de acordo coa máis recente evidencia científica, ten de media unha pegada de carbono máis reducida que a da maioría de sistemas de produción de alimento, e o seu impacto sobre a biodiversidade é tamén xeralmente menor que outras actividades de produción de alimentos en terra. Por iso estamos convencidos de que os produtos mariños están chamados a xogar un papel crave na soberanía e seguridade alimentaria europea e mundial no contexto do cambio climático", engaden.
“A conservación ambiental e a política pesqueira deben ir da man, buscando puntos de encontro entre os diferentes actores, pero tendo sempre en conta os lexítimos intereses do conxunto do sector pesqueiro dentro dos obxectivos da PPC”.
Aínda que o peso económico desta actividade pode parecer reducido no conxunto da economía da UE, é fundamental nas rexións costeiras europeas, principalmente rurais e eminentemente periféricas, onde constitúe un elemento imprescindible na xeración de riqueza e emprego, e por conseguinte na fixación das poboacións no seu territorio. Por todo iso "vemos con crecente preocupación como a actividade pesqueira está a ser progresivamente acantoada en beneficio doutros obxectivos como o desenvolvemento enerxético e, en particular, polos relacionados coa conservación do medio ambiente".
A PPC foi modificada tres veces na súa historia, e en cada unha destas reformas introducíronse importantes melloras, sempre propostas e lideradas pola propia Comisión. "Estamos convencidos de que debemos manter sempre a nosa ambición de lograr unha PPC aínda máis efectiva, así como adaptada aos novos retos", din os manifestantes, "iso supón plantexarse, de maneira clara e transparente, se a actual PPC, tal como quedou redeseñada en 2013, está a cumprir eficazmente os seus obxectivos. E se non é así, consideramos vital avaliar se as carencias da política actual son debidas a falta de aplicación ou á necesidad e de mellorar o seu deseño e os seu s instrumentos". Sabemos que os mozos europeos xa non queren traballar na pesca, o que está a producir un grave problema de falla de substitución xeracional nas frotas. "A efectos dunha mellor conciliación, son necesarias medidas de mellora na habitabilidade dos buques de pesca. Esiximos que estas cuestións, entre outras, sexan obxecto dunha avaliación profunda sobre as súas causas e as súas posibles solucións no marco da PPC. Porque a nós si nos importa a pesca, e non nos conformamos con mirar para outro lado ante os seus problemas".
"Igualmente necesitamos avaliar se a actual PPC está plenamente preparada para responder aos novos retos que lle afectan, como as consecuencias do Brexit e, sobre todo, do impacto do cambio climático e o Pacto Verde europeo", din.
"Todos queremos unhas frotas pesqueiras neutras en carbono antes de 2050 e, ademais, unhas frotas de alta seguridade e confort a bordo, capaces de proveitar capturas non desexadas e de reciclar os seus residuos, así como de atraer aos mozos ao sector", din, "pensamos por iso que a PPC debería revisar se a súa política estrutural e a súa política de frota nos proporciona hoxe os instrumentos necesarios para construír unha futura frota pesqueira que responda a esas ambicións, que sen dúbida todos compartimos", engaden.
Tamén estiman vital a discusión sobre os límites entre a política pesqueira e a ambiental. "Ambas deben ser aliñadas, sen que unha prevaleza sobre a outra", din, "con todo, preocúpanos observar como a política ambiental vai aos poucos impoñéndose á pesqueira. O caso recente da proposta de establecer 94 áreas sensibles na fachada atlántica mediante un Acto Delegado, no que a industria pesqueira apenas foi consultada, constitúe un exemplo do que non se debe facer". Por suposto, están de acordo no obxectivo de preservar os ecosistemas pero a conservación do ambiente mariño non se pode facer en detrimento da produción sostible da mellor proteína do mundo. Manifestan así que "a conservación ambiental e a política pesqueira deben ir da man, buscando puntos de encontro entre os diferentes actores, pero tendo sempre en conta os lexítimos intereses do conxunto do sector pesqueiro dentro dos obxectivos da PPC".
CONCELLO DE VIVEIRO
O grupo de goberno do Concello de Viveiro levará ao pleno municipal do 4 de outubro unha moción en apoio do Porto de Celeiro e en contra da nova regulación prevista para a pesca de fondo por parte da Comisión Europa.
O concello quere manifestar o seu total apoio ao Porto de Celeiro e pide aos veciños e veciñas que asinen na entrada da casa consistorial o ‘Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas’.
“O sector pesqueiro español e do resto de países afectados están en serio perigo, e o concello apoia todas as reivindicacións do Porto de Celeiro; o goberno central e a Xunta deben presionar para esixir un cambio de postura inmediato en Bruxelas”, sostén María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.
De non paralizarse a entrada en vigor do regulamento comunitario en pouco máis de dúas semanas, o sector pesqueiro veríase abocado a unha crise e un grave problema sen precedentes.
O sector considera que “as reformas que a Comisión Europea quere impoñer, de forma pouco clara e transparente, non contaron co sector, nin con datos científicos, nin con estudos que aconsellen a adopción destas medidas”.
“Desde o concello tomaremos e impulsaremos todas aquelas medidas que nos pida o sector, non podemos permanecer calados ante un grave ataque como este”, engade a alcaldesa.