Vanse substituír os cables de tracción do ascensor panorámico de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello concertou un préstamo de 900.000 euros para afrontar as obras de modernización do Hospital Asilo
2023 Foto ascensor Ribadeo 1
2023 Foto ascensor Ribadeo 1
20 Nov 2023

O Concello investirá 5.000 euros na substitución dos cables de tracción do ascensor panorámico de Ribadeo. Así o anunciou esta mañá o alcalde.

Dani Vega indicou que “no Concello de Ribadeo imos investir 5.000 euros no ascensor panorámico. Sabemos todos que é un elemento que dinamiza a economía local, contribúe de xeito positivo ao noso turismo e tiñamos que buscarlle unha solución”.

O rexedor dixo que “non foi todo o rápido posible que queriamos, non caeu no abandono, fixémolo desde un punto de vista técnico, que é como hai que facer as cousas. Encargamos un informe detallado que nos explica perfectamente os pasos a seguir. E a primeira inversión é esta de 5.000 euros, que nos di que hai que substituír os cables de tracción danados por uns novos”.

O alcalde seguiu a relatar que “o informe tamén nos indica que durante estes 14 anos fíxose pouca ou nula inversión e imos ter que facer un saneamento da base da cabina incluíndo a substitución da perfilería de apoio dos cristais, tamén recolle que hai que substituír as dúas portas do piso, xa que está moi oxidadas, que hai que cambiar a porta da cabina porque presenta importantes corrosións e hai que substituír os elementos mecánicos que forman parte de todo este elemento da cabina. Tamén di ese informe que hai que substituír a porta intermedia así como a bandexa decorativa da parte inferior da cabina, que tamén se atopa nun estado lamentable, está en malas condicións”.

Daniel Vega subliñou que “esta é a primeira inversión que hai que facer, a dos 5.000 euros. Pido disculpas en primeira persoa e tamén no nome do Concello. Durante este tempo o ascensor estivo pechado, agora comezarán a realizarse os arranxos necesarios. Estes 5.000 euros son unha parte desa inversión que había que facer durante todo este tempo, non sabemos porque non se fixo e agora vémonos na obriga de facelo si queremos ter un ascensor operativo e que non dea avarías continuamente”.

https://galiciaxa.com/2023/09/amxa/zonas-amxa/ribadeo-amxa/226443/

2023 Foto ascensor Ribadeo 1
0.13933396339417