Vanse desenvolver actividades náuticas e deportivas e unha aula de natureza mariña no campamento de Area, en Viveiro

AMariñaXa
Vanse desenvolver actividades náuticas e deportivas e unha aula de natureza mariña no campamento de Area, en Viveiro
viveiro albergue campamento xuvenil_Area
18 Xul 2023

Vanse desenvolver actividades náuticas e deportivas e unha aula de natureza mariña no campamento de Area, en Viveiro, e ofertaranse cinco quendas durante os meses de xullo e agosto.

O programa inclúe actividades náuticas como vela, windsurf, esquí acuático, caiac ou snorquel; unha aula de natureza mariña; olimpíadas de terra e mar; diversión na praia con xogos de voleibol,  slackline, paddle surf, cometas de tracción e palas. Tamén realizan excursións.

O obxectivo destas accións é que os nenos e mozos desfruten das vacacións ao tempo que se lles facilita ás familias un recurso de conciliación durante a tempada de verán.

viveiro 170723 Campamento Area1
0.27912211418152