Valadouro informa que a escola infantil estará pechada durante o mes de agosto
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello do Valadouro ven de informar que a escola infantil permanecerá pechada durante o mes de agosto.
1 Aug 2019
O Concello do Valadouro ven de informar que a escola infantil permanecerá pechada durante o mes de agosto.
Debido a este peche os interesados en presentar as súas solicitudes de praza de novo ingreso para a baremación no proceso extraordinario de setembro, poderán facelo nas oficinas municipais do Concello.
O prazo para a súa presentación rematará o 31 de agosto e os impresos para a formalización da preinscrición así como a documentación que debe achegarse, están dispoñibles nas webs igualdadebenestar.org; sede.xunta.gal e politicasocial.gal.